11/05/16

Animación á Lectura na Biblioteca da localidade.

Hoxe tivemos unha actividade das que nós chamamos "Especiais".
Marchamos á biblioteca de Meicende e despois de repasar o funcionamenta dunha biblioteca, marchamos a dar unha voltiña ao mundo.

Nesta ocasión a actividade levaba por título "Trotacontos: A volta ao mundo en 80 minutos".
En equipos tivemos que resolver numerosas probas para coñecer un pouco máis países como Hawai, Estados Unidos, Perú, Xapón,...

Ao rematar fixemos unha posta en común coas monitoras. 

 Cos libros podemos facer unha verdaira 
viaxe, coñecer distintos lugares e culturas
 e, convertirnos en verdadeiros Trotamundos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario